O proxecto Fénix para reeducar a menores que exerceron violencia de xénero amplíase a Ferrol e Santiago

Conta xa con 140 beneficiarios en Vigo, Pontevedra, Ourense, A Coruña e Rábade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2023 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

O proxecto Fénix para a reeducación de menores con medidas xudiciais por violencia de xénero ampliarase este 2023 a dúas cidades máis, a Ferrol e a Santiago de Compostela.

Nun comunicado, a Xunta lembra que a iniciativa, que desenvolve e coordina a Asociación Alar Galicia, con apoio do Goberno galego, permitiu en 2022 a intervención integral con 50 menores con medidas xudiciais por exercer violencia de xénero para a súa reeducación e prevención de futuras condutas violentas.

Nunha reunión mantida en Santiago de Compostela, a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella fixo balance xunto a responsables de Alar Galicia, dunha iniciativa que interviu con menores de centros de Vigo, Pontevedra, Ourense, A Coruña e Rábade.

Esta actuación forma parte do conxunto de medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero desenvolvidas en Galicia e conta cun financiamento este ano de 50.000 euros.

Entre 2019 e 2022 o programa foi incrementando o seu número de participantes ata alcanzar os 140 beneficiarios. Con esta medida, apuntan, a Xunta trata de dar unha resposta "apropiada" e previr comportamentos violentos entre os mozos.

Muller dicindo 'non' á violencia de xénero
Muller dicindo 'non' á violencia de xénero | Fonte: Commons

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta