Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/01/2023 | Actualizada ás 12:54
O concello pontevedrés de Arbo solicitou a declaración como Festa de Interese Turístico Internacional da Festa da Lamprea da localidade.
O consistorio municipal defendeu que esta celebración é "a festa culinaria máis antiga" e que xa conta co recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia e de Festa de Interese Turístico Nacional, "que recoñece a antigüidade, continuidade no tempo, o arraigamento e a participación cidadá, así como a orixinalidade e diversidade dos actos".
Segundo detallou o Concello nun comunicado, o alcalde, Horacio Gil, enviou á Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Sustentabilidade Turística da Secretaría de Estado de Turismo do Goberno o expediente e documentación xustificativa da Festa da Lamprea para conseguir esta distinción.
"A Festa da Lamprea é a manifestación e o valor dun pobo; un pobo orgulloso das súas tradicións, da súa paisaxe, do seu patrimonio, da súa historia, da súa enogastronomía e da súa Festa Maior. Un pobo onde a súa xente hospitalaria e os seus visitantes apostan polo desenvolvemento e mellora da calidade de vida deste municipio", manifestou o rexedor.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.