O MGS reivindica unha "vía galega" para a "independencia e o socialismo" en Galicia

Este partido rexeita o actual modelo autonómico polas súas "consecuencias terríbeis" para os traballadores. Destaca que nestes cinco anos as súas responsabilidades "aumentaron" e son "moito máis importantes" no BNG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/12/2014 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

Integrantes da dirección do Movemento Galego ao Socialismo
Integrantes da dirección do Movemento Galego ao Socialismo

Precisamente, un dos puntos que o MGS analizará neste encontro é a actual situación na que se atopa o país e a aposta do MGS por unha "vía galega á independencia e ao socialismo porque nin a refomulación do Estado, nin a humanización do capitalismo son posíbeis", segundo Suso Vilar, un dos seus dirixentes e concelleiro en Santiago.

"Constatamos que a análise tradicional do soberanismo galego sobre o modelo autonómico verificouse na realidade e no paso do tempo: non serve para afirmar os nosos intereses, senón para prolongar unha subordinación política e económica con consecuencias terríbeis para o pobo traballador", apuntou a este respecto Noa Presas, tamén da dirección deste colectivo.

Por iso, o MGS abordará a crise estrutural do capitalismo. "Non podíamos pasar por alto a crise económica, política e de lexitimidade aberta no Estado Español, marcada por unha intensa regresión social e un retroceso evidente en dereitos e liberdades, no que se acentuan os trazos propios dun réxime estruturalmente corrupto", engadiu.

Esta cita política ten lugar cinco anos despois da formación do MGS e dous anos despois da I Asemblea Nacional, que tivo carácter constituínte. A este respecto, Rafa Vilar salientou que "esta nova Asemblea representa un novo paso nun proceso progresivo de afirmación e consolidación, e ten como novidade a definición polo miúdo dun programa político de referencia, concibido con carácter estratéxico".

Lembrou que ao longo destes cinco anos, "foi crecendo o noso papel na vida política e social do país, e tamén foron aumentando as nosas responsabilidades, hoxe moito mais importantes no BNG, no sindicalismo nacionalista e de clase e nos movementos sociais".

A Asembela rematará cun acto aberto de clausura, que comezará ás 7 da tarde no Pazo da Cultura de Pontevedra. Intervirán dous representantes do MGS para expor as conclusíóns da Asemblea, membros dalgunhas das numerosas organizacións internacionais -en concreto Sortu de Euskal Herria e as CUP dos Paisos Catalans-, e o Portavoz Nacional do BNG, Xavier Vence

O MGS naceu en 2009, mais a súa orixe remontase ao Movemento pola Base, un grupo que se excindiu da UPG en 2006. Fai cinco anos o MpB sufriu outra escisión; o grupo orixinal abandonou o BNG, mentres que outro grupo fundou o Movemento Galego ao Socialismo e decidiu ficar dentro da organización frontista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

11 trolls cansinos

Os trolls non dan a cara, son cobardes por natureza, e tanto da que sexan ML's de Vigo ou Sencarreiras de Compostela. U+F unidos no sectarismo final.

10 trolls

O MGS ten un proxecto para gañar. Outros xogan a ver quen é o máis puro.

9 coitadiños

Eu se fora da FPG ou da UPG estaría preocupado. Nese voso mundillo comunista os da UPG son dinosaurios liberados que en 20 ou 30 anos quedarán 4, e os da FPG levan décadas sendo un chiringo de 4 amigos. Que estes marxistas-leninistas do MGS teñan maior implantación social e numérica en so 5 anos respecto os da FPG sería para que estes últimos o fixeran mirar, a non ser que na práctica sexan xa unha corrente do PCE.

1 Comunista

XDDDD!O chiste é mui bo! Esa cegueira propia do fanático que non deixa ver a realidade. No único que lle gaña o MGS a outros partidos é en porcentaxe de militantes liberad@s nos distintos chiringuitos: BNG, Liga, Mar de Lumes e, sobretodo, CIG. Polo demais, o MGS tan só é unha marca branca da UPG sen moito futuro cando comecen a escasear os cartiños para liberad@s que veñen de España. Ilus@s...

2 Coitadiños_rosadiños

Non, ti non és da FPG_UPG, ti és da Gloriosa_Falanxe. A ti che doen 1000 euros gastados na CIG e non 20000000 na FAlanxe_ESpañola, nin os moitos mais que van de tapado aos diarios para favorecer a vosa espanholista razón de ser: vivir do conto. Por iso, polo conto que tedes, o voso final será vermello ( ou para vos: "colorao"). Na próxima lexislatura teremos o espectáculo do Psoe tendo que pactar co PP para deixalos no poder, ou ás forzas nacionalistas pactando para deixarvos sen cartiños: Vos que credes que pase? Sempre podedes ir chorar e queixarvos a unha que non é vermella, senon Rosa.

3 coitadiños

Señor comunista eu falo desde fora, e non da cegueira marxista-leninista a que vos somete Ferrín, Rego e quen sexa o destes. So hai que coñecer o papel de cada un nos diferentes movementos sociais e sobretodo ver fotos. A AN de Xeira e da FPG son un chiste, un chiste que xa dura 20 pico anos. Entran mais nun xantar familiar no meu galpón por favor. Amigo Moncho Lareu, avogado das causas perdidas, deixa o teclado e faille mais caso ao PCE, que ficas sen posto.

4 comunista independentista

Pola boca morre o peixe. O obxectivo de toda organización autoproclamada comunista debería ser a conquista do poder para a clase obreira, pero polo visto para os do MGS o obxectivo é o enfrontamento sectario entre faccións ou, o que ven sendo o mesmo, "ter maior implantación social e numérica" que outros partidos do seu mesmo espectro ideolóxico. Qué miseria de obxectivos, a verdade.

5 Comunista

Para que ía ter o MGS outros obxectivos se non é máis que outro lobby montado para facer forza entre liberad@s no reparto do pastel sindical de postiños, liberacións e subvencións? De feito, os seus líderes e fundadores son os liberados eternos Mera, Alcántara, Villar, Noceda, Parracho... aos que non se lles coñeceu nunca outro oficio que non fose a poltrona da CIG ou doutros chiringos.

6 irmaos

Que liberados ten a Liga Estudantil Galega ou Mar de Lumes? Por curiosidade.

8 Comunista

II Asemblea Nacional do MGS, ou o que é o mesmo, Xunta de Accionistas dos Benito Troleada.

1 comunista independentista

Máis ben sería o Grupo Promotor dos Troleada, a Xunta de Accionistas é o organismo da CIG no que deciden as liberacións.

7 Somosa

XD XD XD XD XD jajajajajajajajjjjajajajajjajajajjaja