O MGS reivindica unha "vía galega" para a "independencia e o socialismo" en Galicia

Este partido rexeita o actual modelo autonómico polas súas "consecuencias terríbeis" para os traballadores. Destaca que nestes cinco anos as súas responsabilidades "aumentaron" e son "moito máis importantes" no BNG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/12/2014 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

Integrantes da dirección do Movemento Galego ao Socialismo
Integrantes da dirección do Movemento Galego ao Socialismo

Precisamente, un dos puntos que o MGS analizará neste encontro é a actual situación na que se atopa o país e a aposta do MGS por unha "vía galega á independencia e ao socialismo porque nin a refomulación do Estado, nin a humanización do capitalismo son posíbeis", segundo Suso Vilar, un dos seus dirixentes e concelleiro en Santiago.

"Constatamos que a análise tradicional do soberanismo galego sobre o modelo autonómico verificouse na realidade e no paso do tempo: non serve para afirmar os nosos intereses, senón para prolongar unha subordinación política e económica con consecuencias terríbeis para o pobo traballador", apuntou a este respecto Noa Presas, tamén da dirección deste colectivo.

Por iso, o MGS abordará a crise estrutural do capitalismo. "Non podíamos pasar por alto a crise económica, política e de lexitimidade aberta no Estado Español, marcada por unha intensa regresión social e un retroceso evidente en dereitos e liberdades, no que se acentuan os trazos propios dun réxime estruturalmente corrupto", engadiu.

Esta cita política ten lugar cinco anos despois da formación do MGS e dous anos despois da I Asemblea Nacional, que tivo carácter constituínte. A este respecto, Rafa Vilar salientou que "esta nova Asemblea representa un novo paso nun proceso progresivo de afirmación e consolidación, e ten como novidade a definición polo miúdo dun programa político de referencia, concibido con carácter estratéxico".

Lembrou que ao longo destes cinco anos, "foi crecendo o noso papel na vida política e social do país, e tamén foron aumentando as nosas responsabilidades, hoxe moito mais importantes no BNG, no sindicalismo nacionalista e de clase e nos movementos sociais".

A Asembela rematará cun acto aberto de clausura, que comezará ás 7 da tarde no Pazo da Cultura de Pontevedra. Intervirán dous representantes do MGS para expor as conclusíóns da Asemblea, membros dalgunhas das numerosas organizacións internacionais -en concreto Sortu de Euskal Herria e as CUP dos Paisos Catalans-, e o Portavoz Nacional do BNG, Xavier Vence

O MGS naceu en 2009, mais a súa orixe remontase ao Movemento pola Base, un grupo que se excindiu da UPG en 2006. Fai cinco anos o MpB sufriu outra escisión; o grupo orixinal abandonou o BNG, mentres que outro grupo fundou o Movemento Galego ao Socialismo e decidiu ficar dentro da organización frontista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

6 Digno

Foto de película de terror

5 Uninciso

O socialismo do vividor Rafa Vilar, ao igoal que o do Movemento pola Base de Cotización, non ten máiso obxectivo que vivir do conto uns cantos parasitos

4 Jhon McNamara

"un dos poucos partidos que permanecen no BNG"...iso dí moito do autor que escribe o artigo. Non sería máis neutral dicir que é "un dos partidos que forman parte do BNG"?, digo eu?. Coma sempre GC tan tendencioso e falta de obxectividade,magoa.

1 Unha axuda pro baldadiño !

Se GC non fora lercha e paifoca non tería espacio no mundo dixital, é o seu contacto coa Galiza profunda, que sería de nos sin estes peidos de vella da Galiza do esperpento.

2 Xanti

Upegallos strikes again. Se queredes ler novas norcoreanas galegas ide pro sermos galiza oh, que é o diario oficial da U.

3 Xanti

Nunha multitudinaria rolda de prensa...

2 Isolacionista radical

Para mín a independencia inclue a Galicia irredenta, da que pouco se fala no nacionalismo claudicante, sobre todo as areas máis occidentais. E independencia na lingua tamén, coa nosa lingua, o galego, e non un dialecto pobre do portugués, como queren os ilusistas.

1 barrosao

Este máis do que cabeça de rato quer ser cauda de rato.