Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 10/01/2023 | Actualizada ás 18:24
Os traballadores da empresa Ambulancias Civera, concesionaria do servizo de transporte sanitario na área de Pontevedra e O Salnés, acordou suspender a folga convocada para o día 17 deste mes de xaneiro. A decisión aprobouse por unanimidade na asemblea celebrada o pasado luns, ás 23.00 horas.
Segundo informou o representante da FGAMT-CIG de Pontevedra, Xavier Aboi, a decisión adoptouse despois de que a empresa prometese o pago do salario completo do mes de decembro a todo o persoal. Aínda que, ata o momento, só recibiron o diñeiro catro traballadores das 92 persoas que forman o persoal de Ambulancias Civera.
Aboi advertiu á dirección desta empresa valenciana de que se retomará a convocatoria de folga se o resto de empregados non cobran o soldo completo.
Os traballadores non se fían das promesas de Ambulancias Civera e non desconvocan o paro, senón que o deixan en suspenso ata comprobar que se normaliza a situación laboral xa que "a empresa incumpriu ducias de acordos", declarou o representante da CIG.
Para este martes está prevista unha reunión dos representantes sindicais co avogado da empresa para concretar ese pago íntegro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.