Bugallo asiste á presentación do libro sobre os "25 anos de historia" da Asociacion Cultural Rocha Forte de Santiago

A publicación, de 125 páxinas, na que colaborou o Concello de Santiago, divídese en varios apartados. Un deles dedicado aos avances arqueolóxicos rexistrados nestes últimos 25 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2023 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este sábado á presentación do libro '25 anos de historia', da Asociación Cultural Rocha Forte, escrito polo seu presidente, Carlos Delgado Fernández.

Durante a súa intervención, o rexedor sinalou que as actuacións que está a facer o concello nesta zona, dúas sendas peonís, unha entre Milladoiro e Santiago e a outra entre o Sar e o Sarela, "porán en valor á xente e facilitarán a conectividade da veciñanza".

No acto de presesentación, no que actuou o coro de Habaneras Rocha Forte, tamén interveu a concelleira de Acción Cultural e Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, quen destacou a "profunda vinculación" da entidade cos avances arqueolóxicos no castelo da Rocha Forte, así como o seu labor na recuperación a historia compostelá.

A publicación, de 125 páxinas, na que colaborou o Concello de Santiago, divídese en varios apartados. Un deles dedicado aos avances arqueolóxicos rexistrados nestes 25 anos nas ruínas do castelo da Rocha Forte. Tamén destaca, nas súas páxinas, a reconstrución do edificio da Casa Baltar, que alberga o Centro Sociocultural da Rocha; e a aposta da asociación polo impulso da memoria cultural, co coro de Habaneras, a exposición anual da camelia, as semanas culturais ou a entrega das insignias de prata e ouro da entidade.

O libro tamén recompila as actividades organizadas pola asociación: coloquios, talleres, edición e presentacións de libros, exposicións, concertos, viaxes e visitas culturais, e celebracións, como a romaría do Castelo dá Rocha ou o magosto.

Participantes na presentación do libro da Asociación Cultural Rocha Forte.. CONCELLO DE SANTIAGO
Participantes na presentación do libro da Asociación Cultural Rocha Forte.. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta