Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 16/01/2023 | Actualizada ás 11:58
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou o outorgamento a Fina Casalderrey da Homenaxe A Escritora na súa Terra en 2023, que recibirá en Pontevedra no mes de xuño.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida da homenaxeada ten unha presenza fundamental. "É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe", indica a entidade nun comunicado.
Esta celebración da AELG vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación da árbore simbólica elixida pola propia autora e a colocación dun monólito conmemorativo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.