Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2023 | Actualizada ás 18:10
O comité de empresa de CCOO convocou folga indefinida contra o propio sindicato ante "a ruptura de negociacións" no convenio colectivo do o seu persoal laboral e a "postura de cerrazón" da dirección do sindicato.
Segundo trasladou o propio comité de empresa nun comunicado, este martes explicarán no local de CCOO na Coruña os termos da folga, os motivos da mesma e a postura das partes.
Xa o pasado mes de novembro, o comité de CCOO denunciaba a "hipocrisía" do sindicato, por "incumprir" cos seus propios traballadores as reivindicacións que el mesmo defende.
En concreto, os empregados aseguraban que a dirección "se nega" a subir os salarios polo menos un 3,5 % e a someterse a unha mediación obrigatoria, tal e como establece a última reforma laboral cando transcorre un ano desde que expirou un convenio e sen que se acorde un novo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.