Máis de 6.000 persoas con adiccións foron atendidas pola Asociación Érguete no 2022

Tamén incrementou a súa presenza nos centros penais da Lama e Teixeiro, axudando a mellorar as condicións de vida en prisión de 224 persoas.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 17/01/2023 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

A Asociación Érguete axudou ao longo do pasado ano a máis de 6.000 persoas con adiccións, concretamente 6.058 persoas, 416 persoas máis que en 2021.

Segundo informou a organización nun comunicado, a Asociación Érguete conta con sete programas de intervención que permiten ofrecer aos usuarios unha atención individualizada e adaptada á súa situación.

A coordinadora da entidade, Elvira Rivas, destacou que "estes resultados animan a continuar a loita que comezaron hai 37 anos Carmen Avendaño, Doura Carreira e moitas outras nais, e a seguir mellorando e innovando nos nosos programas para chegar a todas as persoas que o precisen".

Así mesmo, Rivas quixo destacar que todos os programas "creceron en persoas atendidas". "756 persoas recibiron asesoramento xurídico gratuíto da man dos avogados da entidade, 36 persoas viven nas vivendas de acollida que a asociación ten en Vigo e 176 con condutas adictivas e problemas legais asociados recibiron un seguimento individualizado e familiar, así como varias formacións na entidade", engadiu. A Asociación Érguete tamén incrementou a súa presenza nos centros penais da Lama e Teixeiro, axudando a mellorar as condicións de vida en prisión de 224 persoas.

A Asociación Érguete axudou a máis de 6.000 persoas con adiccións ao longo de 2022.. ASOCIACIÓN ÉRGUETE
A Asociación Érguete axudou a máis de 6.000 persoas con adiccións ao longo de 2022.. ASOCIACIÓN ÉRGUETE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta