Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2023 | Actualizada ás 17:58
O Servizo Galego de Saúde dispensou durante o ano 2022 un total de 831.921 receitas electrónicas de cidadáns cuxo cartón sanitario pertencía aos servizos doutras comunidades autónomas.
Segundo informou o Sergas, a maior demanda deste servizo e, por tanto, o maior número de receitas dispensadas na nosa comunidade, rexistrouse en persoas procedentes de Madrid (265.092 receitas), Cataluña (142.886), País Vasco (125.510) e Castela e León (68.977).
No lado contrario, durante o ano 2022, os cidadáns galegos puideron recoller a medicación de 282.035 receitas eléctronicas no conxunto de farmacias do territorio nacional. Así, os galegos empregaron maiormente este servizo nos desprazamentos ás comunidades de Madrid (45.564 receitas), Castela e León (40.708), Cataluña (33.894) e Valencia (30.613).
Desde esta semana, as persoas mutualistas de opción pública tamén poderán retirar os seus fármacos e produtos sanitarios, dunha maneira áxil, e en todas as farmacias do Estado español. Ata agora, os mutualistas galegos de MUFACE, MUGEJU e ISFAS, tiñan a posibilidade de retirar os seus medicamentos a través do sistema galego e-receita do Sergas, que o pasado ano prescribiu 670.236 receitas electrónicas aos mutualistas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.