Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2023 | Actualizada ás 13:49
Os ingresos hospitalarios por casos de covid en Galicia descenderon nas últimas horas, pasando dos 172 aos 165, e baixan tamén os casos activos, rexistrándose 1.144, 110 menos que na xornada anterior.
Segundo o último parte actualizado pola Consellería de Sanidade con datos recolleitos ata as 18,00 horas do venres, do total de pacientes hospitalizados, 152 atópanse en planta e 13 nas unidades de coidados intensivos. Ademais, nas últimas horas abríronse en Galicia 57 novos casos por covid. Mentres, a cifra de falecidos ascende a 4.049, dúas máis que os notificados este venres.
ÁREAS SANITARIAS
Os casos activos descenden en todas as áreas sanitarias. Así, na área da Coruña-Cee notificáronse 251 (-40); na de Santiago, 197 (-16); na de Vigo, 194 (-8); na de Lugo, 155 (-8); na de Ourense, 120 (-13); na de Pontevedra, 113 (-13); e na de Ferrol, 113 (-12).
Respecto dos hospitalizados, as áreas sanitarias de Vigo, Lugo e Ferrol non teñen ningún paciente en coidados intensivos nestes momentos, mentres que os ingresados en planta son, en cada caso, 29, 19 e 10.
No caso da Coruña, hai 29 en unidades convencionais (-9) e seis en coidados intensivos (+1); na de Ourense, 25 (+1) e 3, respectivamente; e na de Pontevedra, son 23 en planta (-9) e dúas en UCI. No caso da área sanitaria de Santiago de Compostela, mantéñense 17 en planta e dúas en coidados intensivos.
En canto aos novos casos detectados, na da Coruña-Cee rexistráronse oito; na de Ferrol, catro; na de Lugo-A Mariña-Monforte, 10; na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, oito; na de Pontevedra-O Salnés, cinco; na de Santiago de Compostela-Barbanza, 10; e na de Vigo, 12.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.