GC Aberto

O fin dunha época...

Así é como nacen as Tiranías: ofrecéndolle a cada quen o que semella precisar, anulando así a súa conciencia moral a cambio dun posto de traballo ou subvención que compra vontades e recoñecemento público (Vigueses Distinguidos, cómpre repasar a lista dos últimos anos!)

Por Gamela | Vigo | 27/01/2023

Comparte esta noticia

Pasaron 14 anos dende que iniciamos a denuncia do que daquela ninguén quería ver… tiñamos un alcalde que non deixaba de falar e facer declaracións onde él nunca tiña culpa de nada, onde todos estaban sempre equivocados agás él… Daquela pensabamos que unha oposición civilizada obtería algún resultado. Creamos un grupo de fotodenuncias e enviamos puntualmente correos-e ao Pleno do Concello de Vigo (a tódolos Grupos Políticos con copia á Secretaría do Pleno e ao Alcalde-Presidente).

Cartel da convocatoria de protesta Vigo Somos Todxs
Cartel da convocatoria de protesta Vigo Somos Todxs | Fonte: Gamela

Nunca tivemos resposta a estas comunicacións nin dos concelleiros/as nin dos grupos políticos…

Parece evidente que facer “oposición civilizada” foi unha absoluta perda de tempo… 

Tódalas denuncias así como as críticas argumentadas non serviron para nada…

Ninguén tivo o valor de enfrontarse directamente con Abel Caballero nin siquera con Carmela Silva… (mesmo coa sentenza do Caso Cuñada…)

Panificadora Vigo 2009
Panificadora Vigo 2009 | Fonte: Gamela

Logo destes 15 anos a perversa política sectaria de Abel segue dando medo á xente…!

Ninguén abriu un debate serio sobre os Dereitos e Liberdades da Cidadanía en Vigo… nin siquera cando a Policía Local comezou ter comportamentos e usos e abusos partidarios… disque reciben ordes, pero nunca se valora se esas ordes están dentro da legalidade ou non.

De feito, as únicas persoas que se enfrontaron directamente con Abel foron Juan e Danciu, ambos expulsados pola Policía. Juan foi quen de manter a maior protesta da democracia, na Praza do Rei acamparon durante 3 anos e 3 meses para denunciar a miserenta política social de Abel Caballero que nin siquera permitía permaner nin pernoctar no Albergue Municipal máis de 10 días consecutivos. 

A Policía encontrou a disculpa perfecta cos Decretos do Goberno na Pandemia, e por motivos de hixiene pública, foi levantada a Acampada contra A Pobreza de Vigo!

Lagarder Danciu https://twitter.com/lagarder81 –activista social, rumano, xitano e homosexual- foi quen de chamarlle a Abel polo seu nome: “mafioso e corrupto”, a berros e ás portas do seu despacho na Alcaldía, foi identificado pola Policía e fixéronlle a vida imposible (abríndolle un expediente de expulsión do país, tan ilegal coma abusivo e falso) ata que marchou de Vigo!

Os grupos políticos estaban moi ocupados presentando mocións que eran machacadas nos Plenos e por riba tiñan que soportar o recochineo do grupo maioritario e do Alcalde nas roldas de prensa… ata que modificaron o Regulamento do Pleno e nin siquera tiñan oportunidade de denunciar as perversas consecuencias da política autoritaria de Caballero…(algún concelleiro tiña exactamente 45 segundos para un turno de réplica…)

Ao longo destes 15 anos únicamente o colectivo Os Ninguéns https://twitter.com/OsNinguens mantivo puntualmente a denuncia social contra o senfogarismo e as persoas empobrecidas ás portas do Concello; axudando directamente ás mulleres con fillos desfiuzadas, que en moitos casos víronse obrigadas a abandonar Vigo (pois a Xunta ofrecíalles vivendas de urxencia  fóra do municipio e da contorna…)

Así avanzou o proceso de Xentrificación co pelotazo do Barrio do Cura… e seguro que en breve veremos a Panificadora reconvertida en zona residencial… Haberá que recordar que logo de subastar 40 pisos de propiedade municipal, Abel prometeu por activa e por pasiva que as novas edificacións terían un 30% de vivenda protexida.  Ninguén sabe que quería dicir “protexida”:cando un apartamento de 60 m2 sen vistas (semisótano) pode saírche por 260.000 € máis sen contar a hipoteca e cun 4% de euribor…!

Da última tortura a “Movida do Nadal” (dous meses co tráfico colapsado e ruído insoportable para os veciños da zona Centro) ninguén coñece os resultados económicos do lobby turístico Zona Náutico, pero disque existe unha empresa pantasma que vai tributar beneficios a Madrid… (onde ninguén tributa!)

Os distintos colectivos que aínda non foron recibidos por Abel (nin o serán na vida) comezan a estar fartos da omnipotencia antidemocrática do vello gaiteiro… intentarán xuntar forzas e recursos para levar adiante algún tipo de estatexia común que permita a recuperación dos dereitos cidadáns para todo o mundo…! 

Os máis activos nos últimos tempos son: 

  • Os Veciños Zona Centro  / https://twitter.com/zonavigocentro
  • Os Grupos en Loita / https://twitter.com/gruposenloita 
  • As Gasolineiras a 100 metros /  https://twitter.com/ley_gasolineras
  • Os Afectados Vial Beade / https://twitter.com/AVIBE_VialBeade
  • A Defensa Parque García Picher /https://twitter.com/ParqueDefensa
  • Bembrive en Pé / https://twitter.com/Bembriveenpe
  • Vigo Histórico / https://twitter.com/vigohistorico

O último en chegar a este baile de máscaras é un lacónico manifesto co título: “Non a Caballero” lanzado con gran valentía persoal por Manuel Forcadela https://twitter.com/ManuelForcadela que recolle sinaturas –coma outros- na plataforma Change.org https://www.change.org/p/non-a-caballero

A estas alturas apelar ao universalismo kantiano non parece que sexa un referente moi popular nin doado á comprensión da poboación que apoia maioritariamente a Caballero! 

Apelar á obriga moral dun sector da poboación formada e reflexiva é considerar que existen clases privilexiadas por riba do ben e do mal (cousa moi pouco democrática) e que esas clases –de existir- e que non se pronunciaron nunca antes de xeito público e notorio… semella pura quimera pensar que se vaian pronunciar agora (cando máis se benefician do silencio cómplice). 

Haberá que admitir que os xuizos morais utilitaristas sempre declaran que os nosos son “os bos e xenerosos” (pura endogamia) mentres os demáis a penas sí son idiotas ou imbéciles que están aí para dicir amén ao que lles poñan diante…

Con este argumentario dámoslle a razón a Caballero: él tamén pensa que tódolos que non participan dos seus caprichos narcisistas son “antivigo” (unha categoría ben definida e que non inclúe tacha moral algunha), así todo o mundo entende que se non estás con él, estás con outros que están contra del…!

Cando se afirma no manifesto que “comunidades enteiras foron seducidas con reclamos inmorais” parece afirmarse que as masas populares teñen certo gusto pola inmoralidade… De ser así non haberá nada que facer…!

O carallo será determinar quenes foron eses comunicadores, ensinantes e colectivos profesionais –médicos, avogados, arquitectos, xuíces, sacerdotes- que durante anos non souberon distinguir entre o “políticamente correcto” e a “inmoralidade”

Velaí o problema: non podemos apelar a unha moral universal cando ninguén a defendeu con argumentos racionais e moito menos aínda cunha praxe exemplar na vida social de todos nós…

Esa conciencia moral, ese Dereito Universal non teñen quen os defenda hoxe no mundo, onde os intereses partidarios secuestran a nosa “conciencia” ate o punto de impedir absolutamente sumar forzas cos outros (convivir).  

O individualismo máis radical vaise impoñendo día a día afastándonos de todo canto semella ser colectivo ou comunitario agás as cousas que consideramos valiosas para o noso éxito persoal. 

Así é como nacen as Tiranías: ofrecéndolle a cada quen o que semella precisar, anulando así a súa conciencia moral a cambio dun posto de traballo ou subvención que compra vontades e regala recoñecementos públicos (Vigueses Distinguidos, cómpre repasar a lista dos últimos anos!)

Mentras non sexamos quen de rexeitar eses seductores ofrecementos, non recuperaremos a liberdade nin a conciencia moral que nos permita camiñar cara un futuro fraterno mellor para todos…

E iso sábeno ben os 19 membros da Corporación que comen da man de Abel Caballero!

De nós depende que cada vez sexan menos os que medren baixo a tutela do Tirano de Vigo! 

Presentemos unha candidatura libre de sectas (universalista) na que calquera sexa igual a calquera sen máis requisito ca pública razón, e igual levamos unha sorpresa… e igual recollemos os votos da razón dos excluídos da cuchipanda… Bastará ese feixe de votos para que algúns deixen de vivir da Tiranía…

E serán eles os primeiros interesados en declarar contra o Tirano, pois perderon os privilexios…!

E coma castelo de naipes desaparecerá o feitizo (a hipnose colectiva, a alienación…) e Vigo volverá a ser coma calquera outro lugar do mundo, no que haberá ricos e pobres, mulleres i homes, pero desaparecerá o medo a dicir o que pensas, e non precisarás enchufe para resolver o labirinto burocrático deste Concello convertido, dende hai 15 anos, na Administración Paralela do Tirano!

E cicais Vigo volva ser unha Cidade Normal no Mundo! 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Certo que á manifa acodiron 300 ~ 400 persoas (pouca xente) tamén é certo que á mesma hora había outra manifa pola lei de protección animal dos cans de caza á que asistiron perto de 800 persoas (?) Pero o mellor foron as declaracións do Alcalde https://twitter.com/vigoincerto/sta...

1 Lubian

Grazas por esta denuncia e ánimo. Eu edtarei o día 05.