Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2023 | Actualizada ás 16:05
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afeou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que "acuda ás descualificacións persoais", o que, ao seu xuízo, reflicte que carece de "argumentos" contra a xestión da Xunta.
"Cando (Pontón) non ten argumentos acode ás descualificacións persoais, faime graza porque despois ten a pel moi fina cando escoita algunhas cousas que non lle gustan", manifestou Rueda a preguntas dos medios á súa chegada á Facultade de Dereito de Santiago para participar no acto de San Raimundo de Peñafort.
Cuestionado sobre as declaracións de Pontón nas que, durante unha entrevista na Cadea Ser o pasado domingo, asegurou que está preto o "ocaso" do PP en Galicia e que Rueda é un candidato "gris"; o aludido respondeu que "as descualificacións persoais" revelan que "quedas sen argumentos". "Eu prefiro seguir con aquilo que é o meu deber, que é gobernar Galicia. E aqueles que crean que poden gañar votos con descualificacións persoais, alá a señora Pontón", apostilou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.