Nace Xornal da Coruña, o primeiro gran xornal dixital en galego para a área metropolitana da Coruña

Conta coas colaboracións de José Manuel Sande (cultura e política), Ricardo Vales (movementos sociais), Alicia Barreiro (sanidade), Xurxo Souto (cultura), Davide Leira ( de Maghua, música), Javier López Moríñigo (saúde mental), Manu Sánchez (fútfem), Miguel Barreiro (Dépor) ou Fernando Campos (hockey), entre outros.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/01/2023 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

A Coruña e a súa área metropolitana contarán a partir de agora dun novo medio. Trátase de Xornal da Coruña (www.xornaldacoruña.gal), o primeiro gran xornal dixital en galego da cidade e a súa área que abordará a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social desta zona e prestará especial atención aos barrios, aos movementos sociais, medio ambiente e ao patrimonio.

Xornal da Coruña nace, ademais, asociado a Galicia Confidencial (www.galiciaconfidencial.gal), o principal medio dixital en galego e un dos máis importantes no panorama mediático de Galicia, e de Que Pasa na Costa ( www.quepasanacosta.gal), o principal referente da información dixital da comarca da Costa da Morte.  Ambos os tres contan cun acordo para intercambiar información e publicidade a través da plataforma Novobanner (www.novobanner.com).

Este novo medio está dirixido e coordinado por Xurxo Salgado e Ubaldo Cerqueiro e conta con diversos colaboradores e firmas convidadas, entre eles, José Manuel Sande (cultura e política), Ricardo Vales (movementos sociais),  Alicia Barreiro (sanidade), Xurxo Souto (cultura), Dabide Leira (Maghua, música), Javier López Moríñigo (saúde mental), Manu Sánchez (fútfem), Miguel Barreiro (Dépor) ou Fernando Campos (hockey).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Cos mellores desexos sempre que se abre a porta á Información Independente e á Participación dos lectores nun novo medio ! Noraboa e Moita Sorte ! Suxerirlles un tipo de letra menos "brutal" para os titulares... non é fácil ler maiúsculas tan enormes... ;-)

1 rizlinha

Un pouco (bastante) #TodoPirolos 8 homes e 1 muller, pero é algo que se pode, e se debe, ir corrixindo. Parabéns, é moi necesario se se corrixen estas cuestións.