Alerta en Ourense por temperaturas baixo cero este martes

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 30/01/2023 | Actualizada ás 21:14

Comparte esta noticia

As temperaturas mínimas porán mañá en risco (amarelo) a máis de 20 provincias, con temperaturas de ata -8ºC e xeadas xeneralizadas en boa parte do interior peninsular e Mallorca, segundo o prognóstico da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

En concreto, Córdoba, Granada, Teruel, Huesca, Zaragoza, Baleares, Ávila, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid, Zamora, Albacete, Cidade Real, Toledo, Barcelona, Lleida, Xirona, Madrid e Murcia estarán este martes en risco por frío.

Pola súa banda, Meteogalicia ten activo o aviso amarelo no sur de Ourense (temperaturas por baixo de 4 graos baixo cero) entre as 3 da madrugada e as 9 da mañá deste martes.

Xeada na igrexa de Aguís, no concello dos Blancos
Xeada na igrexa de Aguís, no concello dos Blancos | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta