Os ruídos molestos tamén perturban o Parlamento Galego

O molesto ruído dun motor no Parlamento obriga a un cambio de sala dunha comisión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2023 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia



Un molesto ruído que se repetiu no Parlamento galego durante o transcurso da Comisión de Economía este xoves obrigou aos deputados ao cambio de sala tras varias interrupcións.

Fontes do Parlamento galego explican a Europa Press que ese ruído se debeu ao "motor dunha infraestrutura" que se atopa no edificio do Pazo do Hórreo, polo que foi necesaria o desprazamento.

Despois de que o ruído se repetiu en múltiples ocasións, a presidenta da comisión, Rosana Pérez (BNG), tomou a decisión de trasladarse á Sala Azul, onde a sesión continuou sen maiores problemas.

Sesión da Comisión de Economía tras o cambio de sala. CAPTURA
Sesión da Comisión de Economía tras o cambio de sala. CAPTURA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta