Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2023 | Actualizada ás 16:16
A Garda Civil imputa, en calidade de investigado, a un mozo, de 24 anos e veciño de Baleira (Lugo), un delito continuado de furto de gando.
Supostamente, informa, por subtraer once ovellas e unha cabra na localidade lucense de Meira. Tamén lle considera autor dun delito de falsificación de documento público.
"Ao alterar o libro de rexistro da explotación gandeira e dar de alta os animais subtraídos de form fraudulenta", engade sobre os feitos.
Así mesmo, investiga a dous veciños de Baleira, de 22 e 50 anos de idade, como supostos autores do furto de dúas ovellas na localidade de Meira (Lugo) o pasado mes de xaneiro. As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.