Por Galicia Confidencial | Verín | 11/02/2023 | Actualizada ás 11:00
O CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira deseñou o cartel oficial do 'Desfile Infantil' do Entroido 2023 que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín.
Nesta ocasión, do mesmo xeito que nas anteriores edicións, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile, nesta ocasión, o CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira.
Tras elaborar este centro tres carteis, representantes dos CEIPS Castrelo do Val, Vilardevós, Princesa de España, Oímbra, Amaro Refojo, Medeiros, Vendas da Barreira e Augusto Assia (A Mezquita); Gardería A Mezquita, Pai de Riós, CPR María Inmaculada, Casas niño Albarellos, Cualedro, Castrelo do Val, Vilardevós, Pepín e Vilaza, CRA Monterrei, CPA Mercedarios e os IES García Barbón e Taboada Chivite, seleccionaron mediante votación o cartel desta edición.
O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do concello de Verín.
ABRE A TENDA OFICIAL DO ENTROIDO 2023
O Concello de Verín abriu este xoves 9 de febreiro ao público a súa tenda oficial do Entroido situada na Praza García Barbón. Esta iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para financiar devanditos festexos.
APP DO ENTROIDO 2023
Dende hai días está dispoñible para a súa descarga a App oficial do Entroido de Verín. Na mesma, ademais de atopar todo tipo de información de interese como: a programación, historia, unha exposición virtual de carteis, galerías fotográficas ou un completo mapa con todo tipo de puntos de interese (como restaurantes, hoteis ou zonas de aparcamento libre...); poderase coñecer en tempo real a localización de todas as Charangas e desfiles a través dun sistema de localización por GPS.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.