Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2023 | Actualizada ás 16:19
O xuíz decretou prisión comunicada e sen fianza para o home de 50 anos que foi detido o pasado luns por asestar varias coiteladas a unha muller na rúa Jaime Janer de Marín. Investígaselle por un delito de homicidio en grao de tentativa.
Este home compareceu sobre as 11,20 horas deste mércores ante o xulgado número 1 de Marín, aínda que a instrución do caso será asumida polo número 2 que é o que estaba de garda cando se produciron os feitos. Na xornada do martes este marinense de 50 anos tamén foi interrogado na Comisaría de Pontevedra, asistido por un avogado.
Segundo infomaron o pasado luns fontes da Policía Nacional, o detido manifestou aos axentes no momento da detención "que o demo lle dixera que tiña que matar a alguén". O home ten antecedentes psiquiátricos e recibe un tratamento.
Mentres tanto, evoluciona de forma favorable a vítima desta agresión unha muller, de 47 anos e veciña da localidade, que está a ser atendida no Hospital Montecelo de Pontevedra onde axentes da Policía Nacional xa puideron tomarlle declaración.
Esta muller publicou varios vídeos na rede social TikTok nos que explica que recibiu "quince puñaladas dunha persoa que non coñecía de nada que supostamente estaba enferma. Teño as costas feitas unha merda e na man, coa que lle quitei o coitelo". "A ver se me recupero pronto, mándanme para planta e podo facer vídeos máis guais", dicía esta muller nunhas gravacións que foron borradas unhas horas máis tarde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.