"Galician Reader", unha web para visibilizar a tradución ao inglés da literatura galega

A web reúne fragmentos de libros galegos en inglés de máis de dez autoras

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 16/02/2023 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

A editorial Small Stations Press vén de anunciar o lanzamento de "Galician Reader", unha nova web na que se inclúen fragmentos de libros galegos en inglés que levan editando ao longo dos derradeiros catorce anos, desde 2009. 

Memorias dun neno labrego na tradución inglesa
Memorias dun neno labrego na tradución inglesa | Fonte: SSP

Polo de agora a web inclúe máis de dez autoras como Marilar Aleixandre, Rosa Aneiros, Fina Casalderrey, Francisco Castro, Emma Pedreira ou Xosé Neira Vilas, aínda que agardan aumentar os textos nos próximos meses.

Tamén prevén editar un libro que recolla estes textos, así como outros novos, no 2024. A distribución será global e tamén inclúe exemplares para bibliotecas públicas e universitarias dos Estados Unidos e do Reino Unido. 

A diferenza dos títulos lanzados pola editorial, os textos da web "Galician Reader", así como do seu libro acompañante, serán bilingües. Así, proporciónase acceso ao idioma galego á vez que se visibiliza o proceso de tradución

Small Stations Press é unha iniciativa persoal do tradutor e editor Jonathan Dunne, que xa editou 72 títulos galegos en inglés, escritos por 45 nomes distintos. O obexctivo é impulsar o estatus da literatura galega máis alá das súas fronteiras lingüísticas. "Unha cultura non traducida é unha cultura muda", afirman desde a editora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta