Por Galicia Confidencial | Valdoviño | 18/02/2023 | Actualizada ás 12:50
O TEDAX (Técnicos Especialistas en Desactivación de Artefactos Explosivos) da Garda Civil retiraron e destruíron tres proxectís en Valdoviño.
Segundo informan nun comunicado, os feitos sucederon tras a chamada telefónica ao cuartel da Garda Civil de Valdoviño por parte dunha veciña da localidade que, facendo labores de limpeza nunha nave que estaba a preparar para poñela á venda, localizou os tres artefactos.
Ao lugar de desprazouse unha patrulla do Posto e outra da Policía Local para verificar os feitos e acordoar a zona, onde comprobaron que se trataba de tres proxectís. Así, pasouse aviso ao Equipo de Desactivación de Explosivos da Comandancia da Garda Civil da Coruña.
O Equipo do TEDAX comprobou que se trataba dun proxectil rompedor de artillería completo con carga e espoleta de 127 mm e dous proxectís de 152,4 mm sen espoleta nin carga explosiva, procedendo á súa retirada e posterior destrución nunha canteira situada nas proximidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.