Galicia rexistra en 2022 a maior suba de hipotecas da década a pesar da crise

As hipotecas crecen case un 9%, aínd aque o avance galego é dous puntos inferior á media española.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2023 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 15.701 hipotecas constituídas sobre vivendas en 2022, un 8,7% máis que en 2021, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este xoves.

Esta cifra supón a maior en Galicia na última década, xa que hai que remontarse a 2011 para unha cantidade superior (máis de 21.000 por entón). No entanto, este incremento do 8,7% interanual é dous puntos inferior ao 10,9% de subida da media española. De feito, a alza en Galicia só ocupa o décimo posto entre comunidades, que lidera A Rioxa (+28,5%). Navarra é a única autonomía que sofre unha caída (-4,6%).

No tocante a capital prestado, foron 1.832,3 millóns en 2022, o que se traduce nun repunte do 17,9%, neste caso lixeiramente por encima da media española (17,3%).

DATOS POR PROVINCIAS

Por provincias, a maior cantidade de hipotecas sobre vivendas foi para A Coruña, con 9.928, seguida de Pontevedra (8.017). A máis distancia atópanse Lugo (2.032) e Ourense (1.722).

Na comparativa con 2021, Lugo é a única provincia galega con descenso de firma de hipotecas sobre vivendas, case un 12% menos. A Coruña lidera a subida, un 13,3% máis; mentres que Ourense (+5%) e Pontevedra (+4,8%) ten un avance moi similar.

Vivendas e pisos con galerías na dársena da Coruña
Vivendas e pisos con galerías na dársena da Coruña | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta