Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2023 | Actualizada ás 11:09
A organización estudantil 'Erguer. Estudantes da Galiza' convocou un parón de dúas horas o próximo 8M, Día Internacional da Muller, co obxectivo de "posibilitar que as estudantes se mobilicen por un ensino feminista e non patriarcal".
Segundo trasladou a organización nun comunicado, este parón levará a cabo entre as 11,00 e as 13,00 horas en todos os centros de ensino. Así, esta convocatoria atópase dentro da súa campaña 'Construíndo feminismo aula a aula'.
Unha das membros do Consello Nacional da organización estudantil, Mariña Coego, explicou que "é fundamental que as estudantes saian á rúa para defender un ensino que non siga perpetuando sistematicamente as violencias machistas". Nesta liña, resaltou que 'Erguer' "defende un modelo de ensino diferente", xa que "aposta por romper cos roles de xénero establecidos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.