Por Galicia Confidencial | Galicia | 01/03/2023 | Actualizada ás 18:33
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia anuncia a súa oferta formativa para os vindeiros meses con webinars sobre o tratamento da violencia sexual, os suicidios e os casos relacionados con menores.
"De Ana Orantes a Diana Quer e mentres tanto A manada" será impartido por Isabel Menéndez o 25 de marzo, mentres que "Informar sobre o suicidio: cando, como e para que", por Gabriel González o 22 de abril. O derradeiro deles é "A información relativa a menores no Protocolo de Comunicación do Ministerio Fiscal en Galicia", impartido por Elena López o 3 de xuño.
Os cursos realizaranse en sábado, de 11.00 a 13.00 horas, a través da plataforma de formación online do CPXG, pode asistirse a eles tamén de maneira diferida e teñen prezo reducio para os que se apunten aos tres.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.