Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2023 | Actualizada ás 14:54
Un piloto de motocrós que permanecía desaparecido desde a tarde deste sábado no municipio ourensán de Castrelo do Val foi atopado ferido, sobre as 10,00 horas deste domingo, por un compañeiro nun monte da parroquia de Pepín.
Segundo trasladou o 112 Galicia, a persoa que alertou á central de emerxencias solicitaba asistencia sanitaria urxente, xa que o ferido, a pesar de que estaba consciente, tiña dificultadas para mover as pernas tras sufrir un accidente.
Con esta información, os xestores do 112 deron aviso aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mesmo valoraron o desprazamento dun equipo a bordo do helicóptero con base en Ourense, pero debido ás malas condicións meteorolóxicas, a dotación chegou en ambulancia.
Sobre as 05,30 horas da madrugada deste domingo unha persoa contactou co 112 para informar de que un deportista desaparecera no monte durante a tarde.
Na procura participaron tamén axentes da Garda Civil e membros do GES de Laza, así como voluntarios de distintas agrupacións de Protección Civil de Riós, Vilardevós ou Verín. Finalmente, foi atopado por un compañeiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.