Formoso repetirá como candidato á Alcaldía das Pontes: "Significa non renunciar a Galicia"

Formoso compatibiliza actualmente o cargo coa Secretaría Xeral do PSdeG e a Presidencia da Deputación da Coruña

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 10/03/2023 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, anunciou este venres nas Pontes a súa intención de volver competir pola Alcaldía deste municipio que leva gobernando desde 2007 e asegurou que esta decisión "significa non renunciar a Galicia".

"Comprometerse co futuro industrial das Pontes é comprometerse co futuro industrial de Galicia", sostivo Formoso en declaracións aos medios, ante os que volveu a subliñar o seu "compromiso persoal" coas bases do PSdeG e coa sociedade galega.

E é que o xefe de filas dos socialistas galegos considerou que As Pontes, o "complexo eléctrico galego por excelencia", está inmerso nun proceso de transformación que necesita que todos poñan a "carne no asador" para "chegar a concretar uns proxectos" para esta localidade que "son ideas que están en tramitación pero aínda non están feitas realidade".

Ademais, comprometeu o seu "esforzo" para compatibilizar, como fai "día a día", este cargo coa Secretaría Xeral do PSdeG, así como coa Presidencia da Deputación da Coruña.

Valentín González Formoso
Valentín González Formoso | Fonte: Europa Press

MIÑONES MOSTRA O SEU APOIO: "TEMOS OS MELLORES CANDIDATOS"

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, mostrou este sábado o seu apoio a Valentín González Formoso. A preguntas dos medios, pediu "deixar que sexa o partido" o que decida "todo o que sexa orgánico". Precisamente, este sábado reúnese na capital galega o comité nacional do PSdeG.

Con todo, Miñones si manifestou o seu apoio a Formoso e reiterou que os socialistas galegos "sempre buscan un obxectivo" que, segundo destacou, pasa por, "a través das municipais, conseguir levar un proxecto que consiste en protexer e en avanzar".

Nesa liña, asegurou que o PSdeG sempre pon "aos mellores candidatos". "E témolos", engadiu.

RUEDA CRE QUE A DECISIÓN "PON FIN A UN CULEBRÓN"

O presidente da Xunta e dos populares galegos, Alfonso Rueda, manifestou que a confirmación de que o secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, optará á reelección como alcalde das Pontes pon fin a un "culebrón".

A preguntas dos xornalistas, situou nunha "decisión persoal" o citado anuncio. "Terminou este culebrón, levaba uns cuantos meses dicindo que anunciaría a súa decisión", lembrou Rueda para quen o importante é, á marxe de quen estea á fronte do PSdeG, que se dea conta de que este partido "non pode ser unha sucursal de Madrid e dicir a todo amén".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta