Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2023 | Actualizada ás 19:05
Persoal dos grandes almacéns concentráronse este venres na Coruña, Lugo e Vilagarcía de Arousa, convocado pola CIG e coincidindo coa negociación do convenio estatal do sector en Madrid, para reclamar "un acordo digno" e reivindicar "a necesidade dun convenio galego".
Deste xeito, o sindicato denunciou nun comunicado que a patronal "continúa ofrecendo unha subida salarial insuficiente" e "mantén a súa negativa a eliminar o traballo en domingos e festivos".
A CIG considerou "insuficiente" a proposta de incremento de soldos do empresariado, que "sería dun 13% no total do cinco anos de vixencia do convenio --2022 a 2026--. Así, reclamaron unha cláusula de revisión salarial conforme ao IPC.
Nesta liña, explicaron que tamén "se pretende incorporar ao convenio os contratos fixos descontinuos, cun máximo de 120 días de traballo ao ano, dos que 90 serían seguidos e os outros 30 en dous períodos". Deste xeito, a central sindical lamentou "a actitude" dun empresariado que "obtivo beneficios millonarios nos últimos anos, sobre todo durante a pandemia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.