Fíxate en min, estou na costa abaixo da independencia a dependencia persoal, agora temos lei aínda que sen recursos, mais ti e as seguintes xeracións como enfrontaredes a vellez?. Continuamos falando da ilóxica do que está acontecendo, coa mocidade mellor formada, co emprego e a dignidade no traballo, cos servizo públicos, coa fame, cos desafiuzamentos, coa desigualdade e coa falla dun comportamento colectivo diante da crise, e di : a pregunta que debiamos facernos é, ¿porque é posible termar co que está acontecendo?. El mismo adianta unha posible resposta, na miña xeración e quizabes non só nela, o medo ten moitas agarradeiras nunha parte moi importante dos cidadáns, aínda que tamén dixo, dificilmente as sociedades atoparan unha resposta acaída os problemas desde o medo.
Fai unhas semanas tiven unha conversa coa artista e grande amiga mexicana Tere Derbez, sobre as preguntas que nos tiñamos que facer acotío. Fora do mundo científico ninguén fala hoxe do bosón de Higgs, disque, un elemento crave para completar o Modelo Estándar da física de partículas -a táboa periódica do mundo subatómico e as súas regras-, que explican o funcionamento do Universo e ninguén se pregunta porqué sen masa, o Universo sería un lugar moi diferente. A lóxica das nosas vivencias no planeta Terra, en parte veñen do famoso nanocachiño de materia ¿ que che parece?, espeteille a miña amiga.
A lóxica do arte tamén é revirada, respostoume. Sabías porque o poeta, pirata e actor da farsa, Joaquin Sabina, na súa canción Viudita De Clicquot, logo de acreditar que, o seu cabalo volveu só a casa, pregúntase,¿ que foi do John Wayne?. Díxome, o Sabina na letra orixinal preguntaba, quen dos dous era mais animal, pero na cuadratura de texto e música, acreditou que mellor non facer esta segunda pregunta, o cabalo tiña certa racionalidade.
Non contenta con esta confesión arremeteu de novo contra a lóxica que perde terreo na acción política. E agora tocoulle ao Sr Raxoi cando dixo que a crise irase igual que chegou. Preguntoume, ¿ que pensas cando en democracia queda sen sanción quen agacha a verdade ou maltrata á maioría do pobo, cos seus actos de goberno? e outras dúas de balde, ¿os roubos dos que mandan e deciden, teñen intencionalidade ou son actos de normalidade nos gobernos ? ¿ que me dis da interpretación “democrática” da amnistía do voto?
Chegado un novo tempo, dixen eu, as respostas son cousa do encantamento de cada quen, van polo ar e veñen polo vento, pero terán unha expresión cuantitativa cando decidan consultarnos aínda que non se preocupen polo que pensamos, nin queiran saber de tal cousa. Xa que logo, deberiamos esixirlles a quen queira representarn@s, unha xusticia xusta que de respostas a todo o acontecido e logo, esixir compromisos firmes para tratar de recompoñer dereitos esfaragullados, e de paso preguntarmón@s, ¿ queremos ser parte do problema ou da solución? ¿o voto é unha delegación permanente ou simplemente unha elección mais, nunhas condicións determinadas?
A mellor maneira de non fuxir é a procura de respostas atinadas. Xa sei da relatividade de calquer formulación no pensamento político e social, pero conformo hoxe con dar por boa, a seguinte: si o electrón non tivese masa non habería átomos, co cal non existiría a materia como a coñecemos, polo que tampouco habería química, nin bioloxía, nin crise, nin políticos, nin medo, nin existiriamos nós mesmos. Hai bosón de Higgs, tranquilidade e seguide a preguntarv@s e a preguntar.
Fuxir non é un compromiso, segundo o Sabina