Por Europa Press / Redacción | Galicia | 14/03/2023 | Actualizada ás 19:11
A actividade resinera non afecta á calidade da madeira, senón que trae beneficios e mellora a prevención de incendios, segundo sinalou o grupo operativo supra-autonómico 'Adaptación da actividade resineira nas masas de piñeiro madeireiras' (Acrema).
Segundo trasladou a institución educativa nun comunicado, a coordinadora de Acrema, Érika Martínez, fixo estas declaracións na xornada de presentación de resultados do labor desenvolvido desde 2018 por este grupo, a favor dun aproveitamento resineiro innovador que permita obter bio-produtos de alto valor engadido como complemento da produción de madeira de calidade.
Pola súa banda, a directora da EPSE, Rosa Romeu, fixo fincapé no uso multifuncional dos montes, "o que permite a obtención de beneficios e produtos non madeireiros". Así, apuntou que son "posibilidades reais de facer máis rendibles os montes", o que supón "un acicate para revitalizar o medio rural e fixar poboación".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.