Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 13:50
A Real Academia Galega (RAG) editou un novo número da colección divulgativa 'Terra Nomeada', nesta ocasión dedicada á toponimia de Ribeira. Nela, segundo informa, indágase na orixe e o significado de máis de 200 nomes de lugares deste concello coruñés.
"Ribeira conta con varios topónimos únicos no nomenclátor de Galicia, entre eles O Caramecheiro", cita a institución académica como exemplo dos datos que achega nesta publicación o filólogo Fernando Cabeza Quiles.
Trátase dun dos principais divulgadores da realidade toponímica de Galicia. Esta é a terceira contribución do autor á colección, tras a da Estrada e Carballo. A RAG edita 'Terra Nomeada' en colaboración coa Asociación de Onomástica Galega e co apoio económico da Deputación da Coruña. Esta colección de estudos de toponimia pódese consultar en liña na sección de publicacións de academia.gal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.