Convocado un concurso de viñetas pola Deputación da Coruña para alumnado de Secundaria

Búscase unha viñeta para "reflexionar, concienciar, dar visibilidade e cambiar mentalidades, da cidadanía en xeral e da poboación adolescente, en particular, a favor da igualdade".

Por E.P. | A CORUÑA | 15/03/2023 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

O departamento de Igualdade da Deputación da Coruña convocou o XIV Concurso de Viñetas dirixido ao alumnado de ensino secundario, baixo a lema 'Pan e rosas'. Segundo informa, nesta edición os traballos deberán tratar sobre a análise e percorrido histórico da conmemoración do 8M, así como dalgún fito histórico asociado á loita polos dereitos laborais das mulleres. O prazo de presentación de orixinais terminará o 30 de marzo.

O certame busca usar a viñeta ou tira de viñetas (seis como máximo) para "reflexionar, concienciar, dar visibilidade e cambiar mentalidades, da cidadanía en xeral e da poboación adolescente, en particular, a favor da igualdade".

Con esta nova edición do concurso, explica a responsable provincial de Igualdade, María Muíño, preténdese reflexionar "non só sobre a desprotección e a explotación que viviron as mulleres tras a revolución industrial, senón propor a necesidade da reivindicación da igualdade salarial, as melloras das condicións laborais e a necesidade de empoderamiento das mulleres".

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta