Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2023 | Actualizada ás 12:17
O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, reuniuse esta semana con representantes da Federación de Empresarios de Asociacións de Perruquerías e Estética de Galicia (Fepega), cos que avaliou posibles vías de colaboración e as súas reivindicacións, principalmente a que pide unha baixada do IVE.
Segundo informa o Goberno galego, ao encontro acudiron, ademais do vicepresidente e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o presidente da Fepega, Jesús Saiz.
Na reunión, a Xunta transmitiulles diferentes ferramentas da Administración autonómica a disposición destes negocios en campos como a eficiencia enerxética, a dixitalización e a formación. Do mesmo xeito, exploráronse novas vías de colaboración para a reactivación do sector.
Así mesmo, Francisoc Conde escoitou as propostas do colectivo, entre as que se atopan a redución do IVE, que conta co apoio do Goberno galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.