O PP esixirá ao Goberno no Senado "medidas urxentes" para asfaltar por completo a pista de Peinador

Para Javier Guerra, o firme da pista do aeródromo olívico "dá mostras sobradas" de non reunir as condicións que require unha infraestrutura aérea destas características.

Por E.P. | VIGO | 22/03/2023 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

O senador do Grupo Parlamentario Popular por Pontevedra Javier Guerra anunciou que rexistrará na Cámara Alta varias iniciativas para esixir ao Goberno que adopte "medidas urxentes" no pavimento da pista do Aeroporto de Vigo, reasfaltando o mesmo e garantindo todas as medidas de seguridade.

Así o sinalou nun comunicado tras denunciar a deterioración da pista de Peinador, que o pasado luns tivo que paralizar a súa actividade ata a tarde do martes debido á existencia dunha focha na mesma. Para el, o firme da pista do aeródromo olívico "dá mostras sobradas" de non reunir as condicións que require unha infraestrutura aérea destas características.

"Por terceira vez en menos de ano e medio unha fochanca obrigou a pechar a actividade do aeroporto de Vigo. É algo inaudito e sorpréndenos que aínda non se actuase no firme do aeroporto, tendo en conta da cantidade de incidentes que se rexistraron nos últimos meses", lamentou Guerra.

Aeroporto de Peinador, Vigo
Aeroporto de Peinador, Vigo | Fonte: MN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta