Por E.P. | Ourense | 26/03/2023 | Actualizada ás 17:18
A Deputación de Ourense e o Concello de Beariz colaborarán para impulsar o futuro Parque Empresarial de Lebozán, a construción do tanatorio municipal e a mellora das infraestruturas públicas, como o acondicionamento da travesía de Doade e a mellora dos aparcadoiros.
Así o trasladou o goberno provincial tras unha reunión mantida entre o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, na que avaliaron o estado das actuacións levadas a cabo na localidade e abordaron novas liñas de colaboración.
Nesta liña, Baltar destacou que a reunión é un "bo exemplo da dinámica de cooperación que mantén a Deputación", que "traballa da man dos concellos en todos aqueles proxectos importantes na mellora do benestar dos veciños e a dinamización da provincia".
Pola súa banda, Prado valorou "moi positivamente" a atención recibida desde o goberno provincial, ao que considera o "mellor aliado" na realización das iniciativas estratéxicas para o concello e que serían "imposibles de levar a cabo sen a súa colaboración".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.