Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2023 | Actualizada ás 17:29
A Policía Nacional da Comisaría de Marín detivo o pasado luns, 20 de marzo, de maneira 'in fraganti' a dous mozos como presuntos responsables dun delito continuado de roubo con forza nunha zona residencial.
Con anterioridade, ambos, en compañía dunha terceira persoa, accederon á vivenda e subtraeron unha bicicleta de alta gama do interior dun dos garaxes do inmoble. Tras isto, o propietario acudiu a comisaría a pór unha denuncia e, nese momento, recibiu unha alerta no seu móbil de intrusión na súa vivenda, polo que a Policía mobilizou e avisou aos indicativos radio patrullas, que se dirixiron ao lugar. Alí, detiveron aos mozos, encapuchados, que portaban diversas ferramentas e unha pistola simulada de fulminantes con aparencia real.
Tal e como relata a Policía nunha nota de prensa, os axentes lograron recuperar a bicicleta que fora subtraída o día anterior, así como identificar e deter á terceira persoa que acompañaba aos dous detidos. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución Dúas en funcións de Garda dos de Marín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.