Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2023 | Actualizada ás 11:21
Un mozo duns 25 anos foi detido a última hora da tarde deste martes por acoitelar en varias partes do corpo a outro en Ardaña, Carballo, que foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) nunha ambulancia do 061.
Fontes da Garda Civil confirmaron a Europa Press a detención do home, que tamén permanece, custodiado por axentes, no hospital coruñés, onde se lle realizaron varias probas.
Cando finalice o procedemento de investigación por parte da Garda Civil --testemuñas apuntan, segundo avanza 'La Voz de Galicia', a que houbo unha discusión previa entre eles-- está previsto que pase a disposición xudicial.
Fontes de emerxencias confirmaron que, sobre as 19,10 horas da pasada xornada, recibiron unha chamada dunha persoa particular, que en estado de nerviosismo pedía axuda e alertaba de que un home fora acoitelado.
Foron mobilizados axentes da autoridade e tamén o 061. Fontes sanitarias ratificaron que se atendeu a un home de 31 anos, que responde as siglas J.D.P.D., e que foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario debido ás súas feridas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.