Por Europa Press / Redacción | PONTECALDELAS | 14/04/2023 | Actualizada ás 16:45
Unha muller foi rescatada este venres por dous veciños da zona tras caer co seu coche ao río Verdugo, en pleno centro urbano do concello de Pontecaldelas (Pontevedra), aínda que non resultou ferida, segundo confirmaron fontes do CIAE 112 Galicia.
A alerta produciuse sobre as 13,20 horas, cando a Policía Local informaba o accidente. Por motivos que se descoñecen, a condutora precipitouse ao río desde unha zona de aparcadoiro próxima ao mercado municipal.
Ata o punto desprazáronse efectivos de Bombeiros do Morrazo, pero cando chegaron a muller xa estaba fóra da auga, auxiliada polos dous particulares, e estaba ilesa. De feito, tamén foi alertada Urxencias Sanitarias-061 pero non tiveron que realizar asistencia e non foi necesaria a evacuación a un centro hospitalario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.