Ferrol celebra a inclusión das conexións ferroviarias coa Coruña e Lugo-Monforte dentro da Rede Transeuropea de Tr

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, detallou que "a noticia que chegou desde a Eurocámara é unha noticia moi positiva" e que "responde as reclamacións que fixeramos desde Ferrol".

Por E.P. | Ferrol | 14/04/2023 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

Tanto o alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), como o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea, mostraron este venres a súa satisfacción pola inclusión de dúas conexións ferroviarias de mercadorías de alta velocidade, Ferrol-A Coruña e Ferrol-Lugo-Monforte, na Rede Transeuropea de Transporte, no corredor Atlántico, tal e como fixou este xoves a comisión de Transportes e Turismo do Parlamento Europeo, que tamén incluíu outras conexións en Galicia.

Así, o rexedor a cidade naval detallou que "a noticia que chegou desde a Eurocámara é unha noticia moi positiva" e que "responde as reclamacións que fixeramos desde Ferrol". Mato incidiu en que este "é un paso moi importante, é imprescindible deixar completamente pechado o Eixo Atlántico" e así estimou que o mesmo "ten que chegar desde Ferrol ata O Porto". Aínda ten que ser ratificado pola Comisión Europea.

O rexedor socialista incidiu en que "agora, xustamente cando España vai asumir a Presidencia da Unión Europea, tense que dar o paso seguinte, e é que nesas negociacións que se teñen que establecer en Europa para os próximos anos, hai que incorporar necesariamente ese tramo Ferrol-Coruña", o que lle valeu para asegurar que estariamos "ante o principio do final do illamento ferroviario de Ferrol".

MERCANCIAS

Pola súa banda, Francisco Barea asegurou que "este é un paso máis na reivindicación que desde a Autoridade Portuaria leva facendo desde hai tempo, e é que Ferrol non pode quedar illado". "Non pode quedar fóra das redes europeas", aseverou.

O máximo responsable do ente portuario detallou que "agora a Eurocámara deixou tamén clara a súa postura, xa que o tramo Ferrol-A Coruña debe incluírse no corredor Atlántico" e, por iso, esperan que "o Goberno central sexan sensibles e, dunha vez por todas, inclúan a Ferrol no corredor de mercadorías como levamos pedindo desde hai tempo".

Barea incidiu que "deixarnos fose é coartar o desenvolvemento, non do porto, senón da cidade, e sería un agravio máis". "Se apostamos por conectarnos con Europa, se apostamos polo ferrocarril para o transporte de mercadorías, necesitamos estar na Rede Transeuropea de Transporte. Que haxa un compromiso serio neste sentido por parte do Goberno central", manifestou.

Por último, detallou que "a inclusión do porto de Ferrol na rede básica suporía axilizar os prazos e fixar o obxectivo no 2030, e logrando así "un carácter prioritario que é o que defendemos desde a Autoridade Portuaria, xa que Ferrol ten que estar como xa está A Coruña", incidindo en que "como digo sempre, non pretendemos ser máis, pero tampouco menos que outros portos, e para Ferrol isto suporía un importante impulso económico", sentenciou.

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato a 27 de abril de 2022, en Ferrol
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato a 27 de abril de 2022, en Ferrol | Fonte: Raúl Lomba - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta