Galicia, unha das comunidades onde máis aumentou o consumo de proteína en po

No 2022 o aumento do consumo deste suplemento alimenticio na Comunidade foi dun 43,1%.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/04/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Un recente estudo da empresa FITstore.es mostra o incremento, que segue á alza, do consumo da proteína en pó, un suplemento alimenticio que favorece a recuperación e rexeneración muscular, en toda España pero sobre todo en comunidades como Galicia, Aragón, Madrid e Andalucía.

Mapa consumo de proteínas
Mapa consumo de proteínas | Fonte: FITstore.es

Despois da Pandemia da COVID-19, os hábitos da sociedade foron mudando e a vida saudable vólveuse tendencia. Por isto, aumentou a cantidade de xente que realiza exercicio físico pero tamén a cantidade de xente que optou por una dieta máis "sa". Isto vese reflexado no aumento do consumo de produtos sen gluten (24,9%) ou sen lactosa (33,8%), por exemplo.

Ós datos mostran tamén unha caída do consumo de avena do 45,7% e un aumento do consumo da proteína en po ata en persoas cunha vida sedentaria. No caso de Galicia o aumento, en 2022 foi do 43,1% mentras que no conxunto de España a cifra do aumento foi un 43,7%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta