Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/04/2023 | Actualizada ás 13:29
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en convenio coa Deputación de Pontevedra, lanzan a cuarta edición do ciclo de conferencias 'Aida Fernández Ríos' para achegar ao gran público á actualidade científica e promover os avances no desenvolvemento de medicamentos, a aplicación da intelixencia artificial, e as enerxías renovables, entre outros.
O ciclo, que se desenvolverá durante os meses de maio e xuño, rende homenaxe á oceanógrafa galega Aida Fernández Ríos, falecida en 2015. A inscrición ao ciclo de conferencias solicítase no sitio www.depo.gal de maneira gratuíta e contará cun primeiro bloque de conferencias, na súa modadalidad en liña, onde participarán oito expertos destacados que levan o seu labor en Galicia.
Arrincará o 4 de maio co relatorio da catedrática de Química Orgánica do Centro Singular de Investigación Química e Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Concepción González Belo, que disertará sobre os retos e as novas estratexias terapéuticas contra as superbacterias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.