O PP pide a Carmela Silva que "dea a cara" ante a orde de ingreso en prisión para o condenado polo 'caso enchufe'

Cualificou como "escandaloso" o silencio da presidenta da Deputación de Pontevedra

Por E.P. | VIGO | 25/04/2023 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

O portavoz do grupo do PP na Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, cualificou como "escandaloso" o silencio da presidenta da institución, Carmela Silva, e do seu partido, o PSdeG-PSOE, ante a orde de ingreso en prisión para o exfuncionario do Concello de Vigo condenado por 'enchufar' á cuñada de Silva nunha contrata municipal.

Cubela preguntou "canto máis vai tardar" a presidenta da Deputación "en dar a cara" para ofrecer explicacións ou asumir algún tipo de responsabilidade despois de que os tribunais considerasen probado que o seu familiar cobrou 108.000 euros por un traballo que nunca realizou nunha concesionaria na que foi "enchufada".

Tras o auto da Audiencia Provincial que outorgaba 5 días ao exfuncionario condenado por eses feitos (auto que foi recorrido), o PP lembrou que "os socialistas" reclamaron o indulto do procesado.

Así mesmo, Cubela insistiu en que "para que ese alto funcionario execute, hai alguén que dá a orde". "Ou seica pretenden Silva e Abel Caballero que creamos que foi decisión exclusiva do funcionario? De todas as persoas que podía 'enchufar', elixiu por casualidade á cuñada de Carmela Silva?",ironizou o portavoz 'popular'.

Respecto diso, criticou que a presidenta da Deputación, "a quen tanto lle gusta pedir explicacións a todo o mundo", segue "calada" e non se pronunciou sobre ese caso, quizá porque "ten moito que ocultar". "A ciudadania merece explicacións, e non políticos que se esconden detrás de funcionarios", proclamou.

Carmela Silva, presidenta da Deputación.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Carmela Silva, presidenta da Deputación.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta