O Concello de Cerdido presenta alegacións ao parque eólico de Badulaque

Segundo a misiva oficial do concello, a administración local presentou as súas alegacións "en tempo e forma" o pasado 9 de marzo de 2021.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2023 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O Concello de Cerdido confirmou a presentación de alegacións ao parque eólico de Badulaque e trasladou a súa "sorpresa" polo feito de que, segundo explica, non se recolla así na resolución publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) o pasado 28 de abril.

Nun comunicado, indica que o BOE publicou que o Concello de Cerdido, entre outros máis, non presentara alegacións en contra do parque eólico de Badulaque.

En concreto, engade, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico desestimou presentacións oficiais de calquera institución en oposición dos proxectos eólicos. Por iso, desde o concello enviaron copia do xustificante da reclamación.

Segundo a misiva oficial do concello, a administración local presentou as súas alegacións "en tempo e forma" o pasado 9 de marzo de 2021. O alcalde do Cerdido, Benigno Gallego, atribuíu a publicación no BOE a "un erro". "Estamos en contra da instalación do parque e estamos a agardar a que nos aclaren desde a Delegación do Goberno", engade no comunicado.

Parques eólicos .. ENEL GREEN POWER - Arquivo
Parques eólicos .. ENEL GREEN POWER - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta