Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 03/05/2023 | Actualizada ás 19:48
Unha muller faleceu na tarde deste mércores na súa vivenda de Sisán, na localidade pontevedresa de Ribadumia, na que, dúas horas antes, producírase un pequeno incendio. En concreto, sobre as 15,00 horas, a vivenda da muller rexistrou un incendio que afectou a unha cociña de gas e á campá extractora, que foi apagado por outros residentes no domicilio.
Ao redor das 17,00 horas, dúas horas despois do incendio, efectivos do Servizo de Emerxencias de Cambados desprazáronse ata a zona ao ser informados de que a muller caera redonda. Ata o lugar foi tamén unha ambulancia do 061 con persoal sanitario, que só puido certificar a súa morte. No operativo tamén participaron membros da Garda Civil e efectivos de Protección Civil de Cambados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.