Investigan unha "mini manada" de menores en Ferrol que terían tentado violar a varias adolescentes

Os autores están relacionados con cinco casos. Tres deles son xogadores das categorías infantís do Racing de Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol. | 05/05/2023 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de comisaria de Ferrol-Narón ten aberta unha investigación para tratar de esclarecer o intento de violación dunha menor de idade por parte de cinco adolescentes, de entre 14 e 15 anos, que están relacionados con outro catro episodios similares

Os feitos tiveron lugar o pasado 4 de marzo, segundo as informacións ás que tivo acceso Europa Press, que apuntan a que tres dos implicados serían xogadores das categorías inferiores do equipo de fútbol do Racing de Ferrol.

O intento de violación produciuse en casa dun deles. Unha vez na vivenda, dous dos acusados agarrarían por pés e mans á vítima, e levariana a un dos dormitorios, onde accederon outros tres mozos. Alí, abalanzáronse sobre a adolescente, coa intención de tocar as súas partes íntimas e espila, atopando a oposición da agredida. Os seus berros motivaron que outros dous mozos que había na casa saísen na súa axuda e lograsen pór fin á agresión.

Días despois, o 10 de marzo, preséntase en sede policial a denuncia, que desencadea unha investigación por parte dos funcionarios públicos.

"MINI MANADA"

Tras iniciarse as pescudas, a Policía Nacional intervén os teléfonos móbiles dos acusados e con iso dan por confirmado que os feitos denunciados eran reais. Ademais, durante a investigación descubriron que había máis vítimas e que esta non era a primeira vez que realizaban accións deste tipo, polo que os axentes comezan a referirse a este caso como a "mini manada", xa que, tras varias entrevistas, preséntanse outro catro denuncias por accións similares.

Tras dar traslado das pescudas á autoridade xudicial, a Fiscalía de menores decretou o ingreso de dous deles nun centro de menores, mentres que os outros tres quedaron en liberdade. Ademais, fontes consultadas por Europa Press detallaron que a menor que presentou a primeira denuncia, de 15 anos, sufriu algunhas ameazas por parte da contorna dos adolescentes denunciados, e que mesmo motivou o seu cambio de centro de estudos.

Ademais, segundo os datos logrados pola Policía Nacional habería outra vítima a maiores, pero esta non quixo denunciar.

Integrantes do grupo coñecido como 'La Manada', acusados de violar a unha moza nos San Fermíns
Integrantes do grupo coñecido como 'La Manada', acusados de violar a unha moza nos San Fermíns | Fonte: lasexta.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Mesmo se hai anos estas cousas tamén pasaban, e moi poucas veces se sabían, non podo deixar de pensar que estamos a crear monstrOs, con o de machO, cada vez máis precoces... Dan medo.