Alcampo oferta 140 postos de traballo en Galicia para cubrir vacantes no verán

As prazas fáranse públicas en función das necesidades de cada centro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/05/2023 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

Alcampo pretende ofertar ata 140 postos de traballo na comunidade para solventar as vacantes dentro da campaña de verán. Por provincias, estímanse 60 prazas na Coruña, 5 en Ourense, 5 en Lugo e 70 en Pontevedra.

Empregado Alcampo
Empregado Alcampo | Fonte: Alcampo

As ofertas de emprego irán saíndo en función das necesidades que teña cada local e poderánse consultar na sección "Traballa con nós" da súa web. Entre elas, ofreceránse postos en caixa, para repoñer, na sección de ventas e nos mostradores tradicionais.

Tamén haberá vacantes libres nas demais comunidades, 400 en Madrid, 280 en Andalucía, sobre 150 en Cataluña, Comunidad Valenciana e Aragón, sobre 100 en Castela e León e País Vasco, 70 en Asturias, 60 en Castela-A-Mancha, 40 en Baleares e Canarias, 30 na Rioxa e 12 en Murcia e Navarra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta