Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2023 | Actualizada ás 13:00
Un total de 1.200 alumnos desde sexto de Primaria a cuarto da ESO poderán mellorar as súas competencias en inglés o próximo otoñoparticipando na iniciativa Digitalweek organizada pola Xunta de Galicia.
O Portal Educativo publica a convocatoria deste programa de estancias lingüísticas, que se desenvolverá durante o primeiro trimestre do curso escolar 2023/24 nun centro residencial situado en Galicia en quendas dunha semana (desde o domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá).
O obxectivo é a práctica do idioma e a súa utilización en diferentes contextos para mellorar a comunicación oral a través de actividades dixitais, co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa.
Así mesmo, o alumnado participante contará con actividades formativas non só académicas, senón tamén que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural e tecnolóxico cunha metodoloxía adecuada á súa etapa educativa. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.