Por XoseRios | GC ABERTO | 27/05/2023
XOSÉ RÍOS CIDRÁS
Recaen na UE as competencias para a conservación dos recursos pesqueiros. A tenor de cómo se construiu o chamado Proxecto Europeo e os escaso interese na pesca por parte dos fundadores, non é de extrañar o rol da Comisión Europea. Baixo a careta verde dise querer protexer as especies mariñas (agás claro está a raza galega). Ao albor desta nova crise do capitalismo, o comisario de Medio Ambente-Mariño e Pesca decide unilateralmente vetar a pesca a 400 mts, incluir a quenlla no CITES, baixar os cupos na Svalbard e en Terranova, implantar diarios de capturas a planeadoras,...Lembrar que coa entrada na CEE, a flota galega ficou fóra do Mar do Norte, e se nos limita-restrinxe o acceso ao noso Gran Sol, na que tantas vidas perdemos. Fomos “expulsados” de caladoiros tradicionais como o Sahara Occidental, e nunca tivemos a consideración de altamente dependente da pesca a pesar de liderar a recepción dos fondos estructurais IFOP-FEP-FEMP.
Mais naqueles anos sí había una resposta política. As activistas daquel BNG advertíannos do mal chamado “Mercado Común”, e incluso non dubidaban en calificar á Política Pesqueira Común de apartheid galego. A diferencia de entonces, hoxe o BNG adoece de análise política, véndose amiudo superados pola realidade. Na Galiza, non hai semana na que non se fagan mobilizacións en defensa do monte, da costa, o dereito á información, a lingua…; así como folgas ou protestas polo empobrecemento social e indivudual. Semella que as dirixentes actuáis do BNG coavitan noutra realidade, refuxiándose en eslogáns de campaña e na rotación de camaradas de confianza. Así de candidatas ao Parlamento pasan a candidatas ás alcaldías e volta outra vez ás listas por se hai que formar parte dun posíbel Governo na Xunta. Esta enaxenación da realidade, ás veces rachada por Nestor Rego, é sen dúbida un dos motivos do hastío que hai na Galiza cara a política, buscando electorado e renunciando a laboura concienciadora.
Volvendo á pesca, mentras se estigmatiza inmerecidamente a bombo e platillo a nosa flota, mantense un silencio noxento sobre a pesca industrial nórdica. Buques factoría de Noruega, Feroe, Islandia, … continúan coa sobrepescas para as piscifactorías. Qúe se pode decir da pesca mediante descargas eléctricas na UE? Ou cómo se permite na pesquería do bontio a arrastreiros en parella faenar no medio dos nosos curricaneros? A caso é máis verde o peixe importado ca o galego? Porsuposto que non. Logo cal é o motivo?
Ao igual que aconteceu coa entrada no Mercado Común, a ampliación cara o leste da UE, o rescate bancario do 2012, o Brexit, a pandemia, e “crise” pola guerra contra Rusia, á pesca galega segue sendo a moeda a sacrificar. Os que din protexer o océano están a falar en boca de grandes firmas do salmón, do fracking, empresas enerxéticas, consorcios da minaría submarina e búsqueda de terras raras...
Resumindo, se queremos ser realmente rebeldes empreguemos expresións coma “peixe noso” en troques de “verde”.
Poio; a 26 de Maio do 2023.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.