"Gañamos o 28M. Gañaremos o 23X", Feijóo fai xa precampaña en Galicia

Participa o domingo na Xunta Directiva do PPdeG para recoñecer o labor do 28M.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2023 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, participará o vindeiro domingo en torno ao mediodía na Xunta Directiva que o PPdeG convocou en Santiago de Compostela e á que están convidados representantes populares dos 313 municipios.

Tras os comicios do pasado 28 de maio, Feijóo visitou outras comunidades como Andalucía e Valencia para participar nas súas xuntas directivas e este fin de semana recalará na capital galega, onde os populares están a preparar un acto destacado no Multiusos do Sar.

Á espera de pechar as intervencións desa xornada, está planificado como mínimo un discurso de Feijóo, e tamén a intervención do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Os dirixentes populares aproveitarán para agradecer aos seus cargos locais todo o traballo feito na campaña que permitiu aos populares "gañar" as eleccións do 28 de maio. Pero tamén pretenden engraxar e manter mobilizada á militancia para os comicios xerais do 23 de xullo.

Fontes da dirección autonómica consultadas por Europa Press, remarcaron que o PP galego quere brindar, desde o primeiro momento, o seu apoio a Feijóo, coa convicción de que un traballo duro posibilitará a súa entrada na Moncloa. Non en balde, a lema do acto que preparan os populares galegos será 'Gañamos o 28M. Gañaremos o 23X'.

Feijóo intervén nun acto en Galicia
Feijóo intervén nun acto en Galicia | Fonte: PPDEG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta