A Xunta consiera o sector mineiro como "estratéxico"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2023 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

A 'Axenda de impulso da minaría sustentable 2030' apoia a modernización e sustentabilidade do sector en Galicia, onde a industria mineira é considerada estratéxica no marco da nova Lei de Recursos Naturais.

Segundo informou o Goberno galego a través dun comunicado, o conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou este venres en Ourense, xunto co delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, dunha xornada informativa sobre a 'Axenda de impulso da minaría sustentable 2030'.

Con este motivo, o conselleiro transmitiu o apoio da Xunta á aposta que está a realizar o sector mineiro pola innovación, a modernización tecnolóxica e a sustentabilidade na comunidade autónoma

Ademais, dixo que o sector ten importancia económica, xa que Galicia representa o 8,2% da produción mineira de España con 246,4 millóns de euros, o que a sitúan como a cuarta comunidade en valor de produción e empregos.

Traballos para baleirar de auga contaminada a mina de San Finx
Traballos para baleirar de auga contaminada a mina de San Finx | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta