A Xunta ponse en contacto coa Sareb para que concrete a situación das vivendas dispoñibles en Galicia

A comunicación é o paso previo a unha reunión entre ambos organismos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2023 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, remitiu unha carta á Sareb para que concrete o estado actual das vivendas dispoñibles en Galicia e as condicións para a súa cesión. Así, demanda información "detallada" sobre os inmobles que ofrece á Xunta tanto nas cidades como nas súas áreas metropolitanas. Reclama coñecer se están ocupados ou baleiros, con ou sen licenza de conservación, así como o estado de conservación.

Tras consultar a listaxe recibida de 479 vivendas que están en comercialización e as 806 pendentes de saneamento, o IGVS di "constatar" que unha parte das vivendas nesta oferta xa está comprometida ou vendida. Pon o exemplo de que cinco das 10 vivendas que aparecen no documento na cidade de Vigo non estaban dispoñibles ao facer a consulta ao operador local.

O seguinte paso, unha vez recibida a información completa solicitada, sería unha reunión entre representantes do IGVS e da Sareb para concretar prazos e forma de cesión co obxectivo final de polas á disposición da cidadanía canto antes.

O director do IGVS, Heriberto García, participa nunha mesa redonda organizada pola Rede Galega contra a Pobreza. XUNTA
O director do IGVS, Heriberto García, participa nunha mesa redonda organizada pola Rede Galega contra a Pobreza. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta